Funcionalidades

Contabilidade e tesouraría

Contas, tesouraría, conta de resultados, activos e amortizacións, alimentados pola túa propia actividade: cada factura, cobro e gasto contabilízase só. Números ao día para decidir a tempo e exportación directa para a túa asesoría.

38.240 €
Saldo en tesouraría
96%
Movementos conciliados
+12,4%
Marxe sobre o ano pasado
Que inclúe?

Todo o que necesitas neste módulo

Integrado con toda a actividade

Cada factura, remesa, gasto ou venda de TPV contabilízase soa. Ninguén pica apuntamentos á man noutro programa.

Tesouraría e previsión

Saldos por conta, cobros e pagamentos previstos e previsión a semanas vista. Sen sustos a final de mes.

Conta de resultados en tempo real

Ingresos e gastos por mes, liña de negocio ou proxecto. Sabes se gañas diñeiro hoxe, non ao pechar o trimestre.

Conciliación bancaria

Os movementos do banco crúzanse con cobros e pagamentos automaticamente. O saldo do programa cadra co do banco.

Activos e amortizacións

Alta de activos co seu plan de amortización e asentos periódicos automáticos. O inmobilizado sen follas á parte.

Carteira pendente

Facturas por cobrar e por pagar coa súa antigüidade, recordatorios automáticos e punteo de cobros.

Exportación para a túa asesoría

Libros e movementos exportables a A3, Contaplus, Excel e CSV. A asesoría descarga o que necesita, sen pedir papeis.

Beneficios

Números ao día, decisións a tempo

1

Sabes se gañas diñeiro sen esperar pola asesoría

2

Cero apuntamentos picados á man: todo se contabiliza só

3

O saldo do programa cadra co do banco

4

Previsión de tesouraría a semanas vista

5

Amortizacións calculadas e contabilizadas soas

6

Peches trimestrais sen maratón de papeis

Contáctanos →

"Antes só sabiamos como ía a empresa cando a asesoría pechaba o trimestre. Agora vexo a conta de resultados cada luns."

M
Marta G.Xerente · Instalaciones y Mantenimientos Norte SL

Contáctanos para máis información sobre Contabilidade e tesouraría

Sen tarxeta · Sen permanencia · Cancela cando queiras